Vive unha experiencia única en Casa Maruxío!
Unha estancia onde reatoparte e sentir o que che rodea, che permitirá desfrutar de xornadas únicas e irrepetibles.
Chegamos a Souto no concello da Estrada. Enclave perfecto pra desfrutar dunha estancia chea de actividades e sobre todo… de moitas galletas!, en pleno rural galego.
UNHA CASA PRA DESFRUTAR
Casa Maruxío ten uns 150 metros de casa e 50 de patio de xardín. Un lugar perfecto para descansar, meditar, conectar contigo mesm@ e ca natureza, e ser feliz.
Conta con 4 dormitorios e un salón-cociña onde atoparás todo o que precises para que a túa estancia sexa o máis placentera e cómoda posible.
Pinturas, mobiliario, acabados do chan,… Todos os espazos da casa se coidaron ao detalle á hora de elexir os seus elementos, tendo en conta sempre a saúde. Por iso se seleccionaron materiais orgánicos e ecolóxicos para a súa restauración.
AMIG@S DOS ANIMAIS
Se che gustan os animais, dispoñemos dun galiñeiro propio (poderás degustar os nosos ovos ben fresquiños), un colmear, e o noso burro Terra de Rebolos (ao que lle encanta recibir visitas). En calquera das tarefas de coidado dos animais contamos contigo se che presta participar!.
REBOLOS ARTESÁNS E SAUDABLES
Casa Maruxío non te defraudará, e si che gusta desfrutar dun bo almorzo, aquí terás a oportunidade de probar os nosos rebolos, artesáns e saudables feitos con ingredientes ecolóxicos, veganos e de proximidade para comezar os días con enerxía da boa.
En definitiva, Casa Maruxío é un aloxamento rural que ofrece toda unha experiencia inmersiva e integral.
Ruralidade, natureza, artesanía, ecoloxía, gastronomía e lecer únense para dar forma a este proxecto que nace dende o noso corazón, para chegar ao teu e quedarse alí para sempre.
Se eres unha persoa curiosa, sensible, que sabe apreciar as pequenas cousas e que sempre busca experiencias que sumen, Casa Maruxío é o teu lugar.
Estamos desexando recibirte!