Maruxío é un proxecto de vida que queremos compartir con aqueles que, coma nós, aman o rural e os saberes tradicionais, senten o medio natural como unha segunda pel e procuran un xeito de vivir e de consumir que coide da súa saúde e da comunidade.
Por iso regresamos ao fogar da nosa familia, Casa Terra de Rebolos, no concello da Estrada, e puxemos en marcha un obrador de repostería saudable, de onde saen os nosos rebolos, galletas elaboradas con produtos de calidade, primando a proximidade e sustentábles. E por iso abrimos a nosa casa para promover o intercambio de saberes a través de actividades de formación e o convertemos nun espazo multidisciplinar aberto á creación, ao diálogo e á convivencia.
E por iso tamén ofrecemos a nosa casa como aloxamento, onde poderás descansar, reconectar contigo, cos teus e coa natureza, buscar inspiración ou acougo e descubrir, se aínda non o sabes, onde queres estar.