Descripción
O proxecto SuMaS xorde da colaboración entre o obradoiro de galletas Maruxío e o taller de obxectos de madeira Atalanta, ámbolos dous situados no concello de A Estrada (Pontevedra). Cada conxunto agasallo leva a explicación da nosa colaboración.
Procuramos conxuntos agasallo que aporten produtos de proximidade, feitos de xeito tradicional e de “refugallo cero”. Todo ten un uso e unha segunda vida. Nada vai parar ao lixo.
Pack formado por:
- Artesa en taboleiro mariño de bidueiro de 32 x 22 x 12 cm (cerrada).
- Tapa convertible en bandexa (30 x 20 x 2,5 cm interiores) coas asas de coiro.
- Pa para a fariña.
- Bolsa da compra (38 x 50 x 14 cm) serigrafiada en azul de xeito artesanal e
algodón 100%. - Caixa de rebolos de 250 gr a escoller entre avéa e chocolate.
- Bote de pastas de 150 gr a escoller entre pastas con marmelada de sabugueiro.
Estes prezos non inclúen os portes que se presupostarán aparte.
As pezas de madeira son susceptíbles de seren personalizadas con láser. O custo variará en función do número de pezas e da personalización, incrementando o prezo un mínimo de 2 € (consultar).
Reseñas
Aínda non hai valoracións.