CategoriesMaruxío

III Feira da Labranza

Os vindeiros 17 e 18 de setembro, volta a celebrarse unha nova edición da Feira da Labranza da Estrada. O lugar escollido é Casa Maruxío, en Terreboredo.

Nesta edición, cun amplo programa de actividades; daranse cita unha quincena de produtores casi todos eles do municipio.

Todo comezará o sábado ás 12 da mañá coa presentación do libro “7 herbas máxicas”, de Rosalía Bermúdez.

Contamos cun amplo programa de actividades, que van desde talleres e charlas, ata actuacións musicais. A proposta, vira ao redor das plantas e os paxaros.

 

Descargar programa da Feira aquí

CategoriesMaruxío

Galiza profunda. Xornadas de arte, creatividade e ruralidades

Os vindeiros 11 e 12 de Xuño, Maruxío e Casal de Creación tráennos unhas xornadas moi especiais. Unhas xornadas onde se mesturará arte, creatividade e ruralidade pra mostrarnos a vida na aldea e no rural galego e os problemas históricos que vén arrastrando dende fai séculos.

 

A través dunha multitude de actividades orientadas a todas as idades; presentacións de libros, concertos, visionado de películas e documentais, visitas guiadas e unha feira de arte e artesanía onde poderemos deleitarnos coas obras que os nosos artistas realizan e orienta.

Contaremos con Marcos Borrageros, historiador estradense da asociación Vagalume pola recuperación e espallamento da cultura estradense e a memoria histórica na localidade.

Estas xornada en resumo, teñen como obxectivo a dignificación do rural galego, as achegas contemporáneas sobre o mesmo, a lembranza e revisión a través da memoria histórica do papel do rural en diferentes etapas da historia, como a ditadura ou o caciquismo a través da música, da arte e a reflexión.

A cita será na Casa Terra de Rebolos (Terreboredo 27, A Estrada), en caso de choiva cambiarase a data.

Descargar programa aquí
Descargar programa do Festivaliño aquí
CategoriesMaruxío

O mar en terra

Os vindeiros sábado 14 e domingo 15 de maio, temos unha cita na Terra de Rebolos! Estamos moi felices de poder anunciar que celebraremos “O Mar en Terra”.

Unha feira feita con todo o noso agarimo, para por en valor á nosa cultura e ao noso patrimonio. Terra e Mar, indistintamente.

O mar en Terra, quere amosar e revalorizar o noso patrimonio marítimo, proxectos futuros e o día a día de todas aquelas persoas que traballan no mar nas diferentes vertentes.

XORNADAS CHEAS DE ACTIVIDADES

Estaremos dous días aprendendo uns dos outros con xornadas cheas de debates, música, poesía, oficios do mar, mercado de artesanía con proxectos vinculados ao mundo do mar, presentacións de libros,… E moito máis!

Se eres amante dos barcos, temos preparada tamén unha exposición de embarcacións tradicionais que non te deixará indiferente.

Desfrutaremos tamén da música tradicional, con pasarrúas dos grupos Son da Illa, Decotio e Tralla de Terra de Montes.

Haberá postos de comida para que podas pasar unha xornada arredor do mundo do mar na mellor compañía, e co bandullo ben contento.

E por último, permítenos suxerirche que se nos visitas, veñas con vestimenta mariñeira. Así conseguiremos unha experiencia moito máis inmersiva e integral.

Agardámoste os días 14 de 15 de maio na Casa Maruxío.

AVANTE TODA!

CategoriesMaruxío

Vive unha experiencia única en Casa Maruxío

Vive unha experiencia única en Casa Maruxío!

Unha estancia onde reatoparte e sentir o que che rodea, che permitirá  desfrutar de xornadas únicas e irrepetibles.

Chegamos a Souto no concello da Estrada. Enclave perfecto pra desfrutar dunha estancia chea de actividades e sobre todo… de moitas galletas!, en pleno rural galego.

UNHA CASA PRA DESFRUTAR

Casa Maruxío ten uns 150 metros de casa e 50 de patio de xardín. Un lugar perfecto para descansar, meditar, conectar contigo mesm@ e ca natureza, e ser feliz.

Conta con 4 dormitorios e un salón-cociña onde atoparás todo o que precises para que a túa estancia sexa o máis placentera e cómoda posible.

Pinturas, mobiliario, acabados do chan,… Todos os espazos da casa se coidaron ao detalle á hora de elexir os seus elementos, tendo en conta sempre a saúde. Por iso se seleccionaron materiais orgánicos e ecolóxicos para a súa restauración. 

AMIG@S DOS ANIMAIS

Se che gustan os animais, dispoñemos dun galiñeiro propio (poderás degustar os nosos ovos ben fresquiños),  un colmear, e o noso burro Terra de Rebolos (ao que lle encanta recibir visitas). En calquera das tarefas de coidado dos animais contamos contigo se che presta participar!.

 

REBOLOS ARTESÁNS E SAUDABLES

Casa Maruxío non te defraudará, e si che gusta desfrutar dun bo almorzo, aquí terás a oportunidade de probar os nosos rebolos, artesáns e saudables feitos con ingredientes ecolóxicos, veganos e de proximidade para comezar os días con enerxía da boa.

En definitiva, Casa Maruxío é un aloxamento rural que ofrece toda unha experiencia inmersiva e integral.

Ruralidade, natureza, artesanía, ecoloxía, gastronomía e lecer únense para dar forma a este proxecto que nace dende o noso corazón, para chegar ao teu e quedarse alí para sempre.

Se eres unha persoa curiosa, sensible, que sabe apreciar as pequenas cousas e que sempre busca experiencias que sumen, Casa Maruxío é o teu lugar. 

Estamos desexando recibirte!

galletas-de-abellanas-y-chocolate-ecologicasCategoriesMaruxío

Elaboración. Galletas artesanas e saborosas

Vamos ao importante, ¿como facemos as nosas galletas?

En primeiro lugar, todos os ingredientes que empregamos son de proximidade e naturais. O xenxíbre, a canela, azúcre, coco e a chía adquirímolas no noso proveedor de Chantada.

Logo, nos vamos a Portugal para traer o mellor aceite de oliva, aceite de coco e améndoas. E por último, as galiñas que temos na horta apórtannos os ovos que usamos pra facer as galletas.

Despois de ter as mellores materias primas, precisamos dun muiño para poder moler a escanda que transformamos en fariña sen glute. Unha vez que teñamos todo totalmente triturado, engadimos copos de avea e mestúranse todos os ingredentes secos, incluídas as abelás (moídas).

Posteriormente, mesturamos todo co aceite de coco e engadímoslle as semillas de chía. Trituramos todo durante cinco minutos, mesturándose xa completamente e engadímoslle o xenxíbre (dálle textura á masa).

Deixamos reposar, estiramos e amasamos. A continuación, cun molde redondo, córtase a masa en forma de galleta, e o punto final é a introdución ao forno das galletas, que a unha temperatura de 200ºC e pasados 14 minutos estarán listas para comer.

CategoriesMaruxío

Maruxío, proxecto de vida

No ano 2019, María Rivas e Uxío Alho decidiron cambiar a cidade polo rural e fundar Maruxío. ¿Qué é Maruxío? Falamos dun obradoiro de repostería localizado no Concello da Estrada onde elaboran galletas artesanais e veganas.

Os ingredientes que empregamos nas nosas elaboracións proceden de distribuidores da zona e de agricultura ecolóxica.

 

Aparte do obradoiro de repostería, tamén ofrecen aloxamento para atoparse a un mesmo e incluso formarse en pequenas aulas que imparte María. Nestas aulas, ensinan a meditar, facer pan e incluso elaborar os propios cosméticos só con produtos naturales.

En resumen, un espazo multidisciplinar que inspira bienestar e seduce a integrarse entre a natureza, desatándose da vida atarefada e dos móbiles que temos nas cidades.

Reproducir vídeo