CategoriesMaruxío

Galiza profunda. Xornadas de arte, creatividade e ruralidades

Os vindeiros 11 e 12 de Xuño, Maruxío e Casal de Creación tráennos unhas xornadas moi especiais. Unhas xornadas onde se mesturará arte, creatividade e ruralidade pra mostrarnos a vida na aldea e no rural galego e os problemas históricos que vén arrastrando dende fai séculos.

 

A través dunha multitude de actividades orientadas a todas as idades; presentacións de libros, concertos, visionado de películas e documentais, visitas guiadas e unha feira de arte e artesanía onde poderemos deleitarnos coas obras que os nosos artistas realizan e orienta.

Contaremos con Marcos Borrageros, historiador estradense da asociación Vagalume pola recuperación e espallamento da cultura estradense e a memoria histórica na localidade.

Estas xornada en resumo, teñen como obxectivo a dignificación do rural galego, as achegas contemporáneas sobre o mesmo, a lembranza e revisión a través da memoria histórica do papel do rural en diferentes etapas da historia, como a ditadura ou o caciquismo a través da música, da arte e a reflexión.

A cita será na Casa Terra de Rebolos (Terreboredo 27, A Estrada), en caso de choiva cambiarase a data.

Descargar programa aquí
Descargar programa do Festivaliño aquí
CategoriesMaruxío

O mar en terra

Os vindeiros sábado 14 e domingo 15 de maio, temos unha cita na Terra de Rebolos! Estamos moi felices de poder anunciar que celebraremos “O Mar en Terra”.

Unha feira feita con todo o noso agarimo, para por en valor á nosa cultura e ao noso patrimonio. Terra e Mar, indistintamente.

O mar en Terra, quere amosar e revalorizar o noso patrimonio marítimo, proxectos futuros e o día a día de todas aquelas persoas que traballan no mar nas diferentes vertentes.

XORNADAS CHEAS DE ACTIVIDADES

Estaremos dous días aprendendo uns dos outros con xornadas cheas de debates, música, poesía, oficios do mar, mercado de artesanía con proxectos vinculados ao mundo do mar, presentacións de libros,… E moito máis!

Se eres amante dos barcos, temos preparada tamén unha exposición de embarcacións tradicionais que non te deixará indiferente.

Desfrutaremos tamén da música tradicional, con pasarrúas dos grupos Son da Illa, Decotio e Tralla de Terra de Montes.

Haberá postos de comida para que podas pasar unha xornada arredor do mundo do mar na mellor compañía, e co bandullo ben contento.

E por último, permítenos suxerirche que se nos visitas, veñas con vestimenta mariñeira. Así conseguiremos unha experiencia moito máis inmersiva e integral.

Agardámoste os días 14 de 15 de maio na Casa Maruxío.

AVANTE TODA!