Maruxío é un proxecto de vida que queremos compartir con todos aqueles, que coma nós, buscan un xeito de vida e de consumo que coide deles e do seu entorno.
Dende unha pequena aldea chamada Terreboredo, Galicia, puxemos en marcha un obrador de comida saudable. Dende aquí, facemos as nosas elaboracións. Todas realizadas de xeito artesán con produtos de cercanía e ecolóxicos.